outubro 16, 2007

As ex de Robbie Williams e Hugh Grant

Suzanne Coppin, unha das últimas amantes de Robbie Williams, falou en infobae.com dos seus encontros amorosos coa estrela británica do pop. As declaracións desta moza de 31 anos, que permaneceu no anonimato ata a fin da súa relación con Williams, deixan claro que o cantante é rariño para todo.

Antes do seu primeiro encontro na cama, ela pediulle que puxera un condón ao que el respondeu entregándolle un documento médico no que se aseguraba que non tiña enfermidades de transmisión sexual. “Estaba convencido de que podía ter algo despois de todas as mulleres coas que estiven, pero os resultados foron negativos”, confesoulle Williams.

Para Coppin as súas palabras bastáronlle para deixar de lado a protección e continuar coa relación sexual, que foi “marabillosa”. “Nada importou cando me puxo as mans no corpo, nin sequera nos molestou o documental de quenllas que estaba posto na televisión”, afirmou para engadir que desde ese momento sentiu o que era o “sexo de rock and roll”.

Pode que isto se debera a que “practicamos unhas dez posturas” que evidentemente os deixaron sen folgos e remataron “abrazados tenramente no sofá”, di a moza.

Un compatriota de Williams, o actor Hugh Grant, tamén se vai enfrontar a que o xulguen como amante publicamente.

A súa ex, Jemima Khan, xa ten listo un libro autobiográfico no que entre outras cousas fala de Hugh e os seus momentos máis íntimos. A moza está negociando con varias editoriais a publicación do libro, no que tamén se fala da princesa de Gales, íntima amiga de Khan.


Fonte: De Luns a Venres

Nenhum comentário: